GoPro estrea a familia de cámaras HERO3

mércores, 17 de outubro do 2012 Marcus Fernández

As populares cámaras deportivas GoPro estrearán o vindeiro día 25 o súa nova familia HERO3, que chegará inicialmente nunha White Edition que consiste nunha cámara coas prestacións da HD HERO orixinal, pero integrando Wi-Fi, estreando interface de usuario, reducindo o seu tamaño un 30% e o seu peso un 25% por un prezo de 249 euros (incluíndo carcasa para facela somerxible). Este modelo básico pode vestirse como é habitual nestas cámaras de pequeno tamaño para captar vídeo en alta definición (1.080p a 30 cadros por segundo ou a 720p a 60 imaxes por segundo), tomar fotografías de 5 Mpíxeles (podendo disparar ata 10 por segundo) e conservando a compatibilidade cos distintos accesorios de GoPro que facilitan o seu enganche no corpo, en cascos vehículos...
Máis adiante as cámaras GoPro HERO3 contará tamén cunha Silver Edition, que mellorar a súa cámara para poder disparar fotografías a 11 Mpíxeles; e cunha impresionante Black Edition, que consegue gravar vídeo 4K a 12 cadros por segundo (soportando resolucións interiores a grande velocidade, como 1.080p a 60 fps ou 720p a 120 fps), tomar fotografías a 12 Mpíxeles (poden disparar 30 por segundo) e incluíndo tanto mando a distancia sen fíos como aplicación móbil para controlar a cámara dende iOS ou Android. Estas dúas últimas cámaras terán prezos de 299,99 e 399,99 dólares, descoñecéndose cando chegarán a Europa e o prezo que terán no noso territorio.


Exemplo do tipo de vídeos que poden gravarse facendo uso dunha cámara Go Pro HERO 3: White Edition

PUBLICIDADE