GoPro facilita as gravacións a vista de can
martes, 26 de agosto do 2014
As cámaras deportivas que permiten rexistrar experiencias en
primeira persoa xa non son exclusiva dos seres humanos, pois dende GoPro tamén
pensan nas nosas mascotas, e veñen de incorporar ao seu catálogo un arnés para cans
que permite que poidamos realizar gravacións a vista de can. Este accesorios
compatible con todas as cámaras de GoPro véndese por 69 euros.
O arnés podo colocarse de distintos xeitos (baixo o peito ou sobre as costas),
para poder gravar distintas accións do noso can, dende os seus xogos máis
movidos até roendo osos, non tendo que preocuparse porque o accesorio saia mal
parado por mor da auga ou a lama, xa que é totalmente lavable.
Este trebello pode axustarse para cans de entre 7 e 54 quilogramos, con
numerosos puntos de axuste para que resulte cómodo para a nosa mascota e a base
pectoral pode extraerse para que non resulte molesta para os cadelos máis
cativos.
- Co novo arnés resulta doado colocar unha cámara GoPro no lombo do noso can
VÃdeo de presentación do arnés canino de GoPro