Google probará novos prototipos de lentes de realidade aumentada
mércores, 20 de xullo do 2022
As Google Glass foron un produto que non conseguiu ver a
luz, principalmente polo rexeitamento detectado no público durante as súas probas
(por mor da posibilidade de invadir a intimidade doutras persoas coa súa
cámara), pero a compañÃa de Mountain View non se retirou deste tipo de produto,
buscándolle utilidades prácticas, e agora recoñecen que están
a probar un novo prototipo de lentes de realidade aumentada orientadas á
transcrición e tradución de voz en tempo real, o que poderiamos describir
como engadir subtÃtulos á realidade.
Polo momento limitaban estas probas a contornos controlados, pero no mes de
agosto van levar as probas destes novos prototipos ao mundo real, para asÃ
coñecer mellor como poden axudar á xente no seu dÃa a dÃa. Por exemplo,
traballarán no uso da realidade aumentada para guiar aos usuarios a chegar ao
seu destino, o que supón superar atrancos como as condicións meteorolóxicas ou
as rúas ateigadas de xente para poder identificar ben o contorno e indicar
correctamente o camiño a seguir.
Os prototipos que probarán nas vindeiras semanas un grupo de traballadores de
Google e uns poucos probadores de confianza permitirán comprobar o
funcionamento das pantallas para lentes, os micrófonos e as cámaras, deixando
claro que estes prototipos non poderán disparar fotografÃas nin gravar vÃdeo,
senón que os datos de imaxe empregaranse para funcións como traducir un texto
que teñas diante ou para facilitar a indicación da ruta a seguir para chegar ao
destino.
Dende Google aseguran que desta volta van tomarse as cousas con calma, enfocando
boa parte dos esforzos en respectar a privacidade das persoas que proben as
lentes e das que estean ao seu redor, polo
que tardaremos en ver un produto comercial, pero as intencións da compañÃa
resultan prometedoras.
VÃdeo no que amosan como serÃa a realidade aumentada ao servizo da tradución automática