Gotham City Impostors estréase en varias plataformas de descarga de xogos
mércores, 8 de febreiro do 2012
O shooter
multixogador Gotham
City Impostors creado por Monolith Productions para Xbox 360,
PlayStation 3 e Windows PC están dende hoxe dispoñible para a súa descarga a
través de Xbox LIVE, PlayStation Network, Steam, Origin e outras
plataformas para PC a prezos que están preto dos 15 euros.
Este xogo supón unha achega diferente ao universo de Batman, xa que os
participantes deste shooter en
primeira persoa poderán participar en combates de 6 contra 6 nos que os
distintos bandos estarán formados por vixilantes ou malvados afeccionados, inspirados
polos figuras de Batman e o Joker. Inclúe 5 mapas (Crime Alley, Amusement Mile,
Ace Chemical, The Docks e Gotham Power) e 4 modos de xogo (Team Deathmatch,
Fumigation, Psych Warfare e Challenge).
En marzo sairá tamén un paquete con contido descargable de balde que incluirá o
mapa 25th Floor e máis de
100 novas opcións de personalización, aÃnda que o xogo está
a dar máis que falar pola impresionante cantidade de contido descargable de
pagamento co que conta no seu lanzamento, pois son uns 105 elementos que de
adquirilos de xeito independente a prezos de entre 1 e 3 euros, aÃnda que
moitos destes poden desbloquearse no xogo sen ter que pasar por caixa.
Trailer de lanzamento do xogo
- Gotham City Impostors permitirá a competición de ata 12 xogadores simultáneos