Gotham City Impostors sairá á venda a semana que vén
mércores, 1 de febreiro do 2012
A última obra de Monolith Productions, o videoxogo Gotham
City Impostors, ten xa datas de lanzamento, chegando
a PC o vindeiro dÃa 7, mentres que para Xbox 360 e PlayStation 3 farase agardar
un dÃa máis. Estamos ante un tÃtulo de acción multixogador descargable onde
ata 12 xogadores poden loitar polo control da cidade de Gotham repartÃndose en
dúas bandas que toman a súa imaxe inspirándose nas figuras de Batman e o Joker.
Os interesados en probar esta experiencia de xogo en liña que teñan unha
PlayStation 3 poden
achegarse dende hoxe á PlayStation Network para descargar a demo do xogo,
podendo asà facerse unha idea de se o tÃtulo paga a pena. Non é a única demo
que chega hoxe á plataforma de descargas de Sony, senón que tamén
os xogos Twisted Metal e Syndicate estrean hoxe versión de
demostración, o que agradecerán os que estean a decidir as compras de
videoxogos que efectuarán nas vindeiras semanas.
- O xogo enfrontará a numerosos personaxes disfrazados de Batman e Joker
Trailer subtitulado en español da demo/beta do xogo