Grand Theft Auto IV chegará ao PC baixo o selo Games for Windows

martes, 23 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Microsoft celebra o segundo aniversario da súa iniciativa Games for Windows anunciando que o xogo Grand Theft Auto IV de Rockstar Games chegará en novembro baixo tal marca, de xeito que aproveitará a plataforma de xogo en liña LIVE da compañía de Redmond.
O fundador de Rockstar Games, Sam Houser, asegura que están «orgullosos da profunda experiencia personalizable multixogador que Grand Theft Auto IV ofrece» que grazas a LIVE se puido adaptar directamente aos ordenadores persoais.
A plataforma LIFE de Games for Windows permite a interacción entre usuarios certos títulos para Xbox 360 e PC, así como achega aos ordenadores certas funcións ás que están habituados os usuarios de Xbox 360 (identificación de xogadores, puntuacións, listaxes de amigos, logros, chat de voz ou mensaxes de texto).

PUBLICIDADE