Grand Theft Auto: San Andreas celebra os seus 10 anos con ofertas e unha nova versión para Xbox 360

luns, 27 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Onte o xogo Grand Theft Auto: San Andreas cumpriu 10 anos, e para celebralo dende Rockstar decidiron aproveitar actualizar a súa versión para Xbox 360, que deixa de ser unha reedición dixital da versión do xogo para a primeira Xbox, e convértese nunha remasterización en alta definición deste clásico moderno, que pode mercarse por 3,74 euros.
Pero o 10º aniversario non se limita a esta interesante actualización do xogo na súa versión para Xbox 360, senón que tamén se traduce nunha interesante oferta par dispositivos móbiles, de xeito que por 3,59 euros podemos mercar Grand Theft Auto: San Andreas para iOS e para Android, e 3,99 euros para Windows Phone 8, destacando o feito de que a versión para dispositivos móbiles de Apple incluso está actualizada para funcionar axeitadamente nos nosos iPhone 6 e iPhone 6 Plus.

PUBLICIDADE