HCL lanzará o ultraportátil con Windows máis barato ata o momento
xoves, 17 de abril do 2008
A meirande parte dos ultraportátiles de baixo custo
funcionan baixo Linux, e algúns modelos teñan Windows XP coma opción, pero dende
a India o fabricante HCL aposta por esta última configuración para presentar o
que poderÃa ser o ultraportátil con Windows máis barato ata o momento, o MiLeap
H, que cunha pantalla táctil de 7 polgadas, un procesador Intel, 1 Gb de RAM,
un disco duro de 30 Gb, unha webcam de 1,3 MpÃxeles, Ethernet, Wi-Fi e Windows
XP Home se
venderá por só 16.990 rupias (266,65 euros).
O HCL MiLeap H tamén ten un peso moi lixeiro (0,98 quilogramos) polo que será
un interesante competidor no crecente mercado dos nettops, aÃnda que non
sabemos se chegará a venderse fóra da India.