HP MediaSmart Connect leva contidos de alta definición ao televisor do salón

martes, 17 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O MediaSmart Connect tamén pode achegar contidos de unidades USB 2.0 e unidades de disco HP Pocket Media Drive

HP comezará a vender en xullo o seu MediaSmart Connect, un dispositivo con formato STB que se conecta á rede local doméstico (por cable ou Wi-Fi) e pode levar así ao televisor doméstico os contidos multimedia (fotografías, audio e vídeo) que queiramos compartir dende os nosos equipos informáticos ou de certos servizos de Internet compatibles.
O MediaSmart Connect é compatible con sistemas de almacenamento UPnP e DLNA, dos que pode recoller os contidos multimedia, e pode presentar as imaxes incluso de alta definición (ten saída HDMI), soportando formatos coma MPEG-2, MPEG-4, DivX, XviD, DVR-MS, WMV, WMV-HD, MP3, WMA, WMA Pro, AAC, JPEG, GIF, PNG, TIFF e BMP, estando o seu prezo de referencia en 349 dólares.
Este produto estaría dentro da liña MediaSmart de HP, que pretende dar un pulo á alta definición nos fogares aproveitando a tecnoloxía Windows Media Center (aproveitando certas prestacións de xestión multimedia de Windows Vista).

PUBLICIDADE