HP avanza na realidade virtual persoal cun equipo que pode levarse a costas
mércores, 11 de outubro do 2017
Unha das grandes limitacións das solucións de realidade
virtual actuais e que precisan de grande potencia, de xeito que están baseadas
en potentes ordenadores de sobremesa aos que conectar un casco mediante cables,
pero para facilitar usos máis versátiles dende HP prepararon un potente
ordenador de escritorio compacto OMEN X equipado cun procesador Intel Core
i7 de 7ª xeración, 16 GB de RAM, 1 TB de SSD e gráfica nVIDIA GeForce GTX 1080
con 8 GB de memoria, que pode albergarse nun accesorio
con forma de mochila, que facilita levar o equipo a costas, o que
permitirÃa contar cunha solución de realidade virtual potente afastada do
escritorio sen empregar longos cables e cun meso bastante contido (4,6
quilogramos).
Este tipo de solucións poden considerarse de
transición, xa que espérase que no futuro podamos gozar de cascos de realidade
virtual sen fÃos que incluso poidan operar con independencia a ordenadores
persoais, pero mentres se solucionan as limitacións de potencia e autonomÃa que
permitirÃan tal, temos este tipo de produtos que, no caso que nos ocupa, chega
esta mesma semana ao mercado norteamericano, o que poderÃa facilitar a
exploración de novas posibilidades lúdicas e industriais da realidade virtual.
Cómpre destacar que estamos ante unha solución que está moi lonxe do alcance da
meirande parte dos petos, xa que o equipo compacto de HP custarÃa 2.499,99
dólares e a mochila 499,99 dólares, ao que haberÃa que engadir o prezo do casco
de realidade virtual e os seus mandos (que no caso de HTC Vive serÃan 599
dólares), o que non impide que sexa un produto cunha demanda relativamente
alta, xa que é previsible que haxa moitos desenvolvedores interesados en
facerse con solucións deste tipo para avanzar nas posibilidades da VR.