HP leva os seus ultraportátiles ao baixo custo

mércores, 29 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Hewlett Packard anima o Mercado dos ultraportátiles de baixo custo co seu novo HP Mini 1000, non só conta cunha pantalla de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles (inferior aos 1.280 x 768 do HP 2133, pero por un prezo bastante máis axustado) e retroiluminada por LED, destacando especialmente porque abandona os procesadores VIA e aposta polo recoñecido Intel Atom N270 a 1,6 GHz.
Amais, o equipo se pode mercar cunha unidade SSD de 8 Gb ou 16 Gb ou cun disco duro de 60 Gb (a 4.200 rpm). Se pode adquirir con entre 512 Mb e 2 Gb de RAM, tamén deixa elixir entre Windows XP ou Ubuntu Linux, e ntres as súas opcións tamén está a posibilidade de mercalo con Bluetooth 2.1. O seu prezo base é de 379 dólares.
Non lle faltan Wi-fi, saída VGA, lector de tarxetas SD, webcam, Ethernet nin portos USB (2), e entre os detalles a destacar deste equipo estaría unha revisión de Ubuntu Linux cunha aparencia semellante á dos HP TouchSmart e que respondería ao nome de MIE Operating System.

PUBLICIDADE