HP ofrecerá tablets e portátiles con Windows 8.1 a prezos económicos
martes, 30 de setembro do 2014
- Os novos portátiles de HP cumprirán a promesa de ofrecer equipos con Windows 8.1 por menos de 200 dólares
Microsoft
prometeu hai uns meses que este outono teriamos no mercado tablets e
ordenadores portátiles con Windows 8.1 a prezos moi económicos, e parece que
non teremos que agardar a fabricantes chineses para ver tal promesa cumprida,
xa que incluso a propia HP está a subir a este carro, anunciando
os novos tablets HP Stream 7 e 8 e os portátiles HP Stream con pantalla de
tamaño de 11,6 e 13,3 polgadas, que poderán mercarse a prezos moi
agresivos.
Os produtos máis destacables son claramente os portátiles HP Stream, que chegan
en cores moi rechamantes (azul horizonte e maxenta orquÃdea) para agradar ao
seu público obxectivo (principalmente mozos) e que parten do HP
Stream 11, que terá un prezo de só 199,99 dólares, o que está bastante ben
para un equipo cun procesador de dobre núcleo e baixo consumo (grazas ao que carece
de ventiladores para a súa refrixeración) e cunha autonomÃa de até 8 horas e
cuarto.
- Os novos tablets de HP con Windows 8.1 tamén incluirán Office 365 durante un ano
A nivel técnico podemos comentar que funcionan cun procesador Intel
Celeron, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno (SSD), pantalla de 11,6
polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, portos USB 2.0 e USB 3.0,
saÃda HDMI, toma de auriculares e lector de tarxetas SD, que poderiamos
describilo como un Chromebook con Windows 8.1, e que inclúe coa súa compra 1
ano de Office 365, de xeito que facilita o acceso ás principais aplicacións
ofimáticas e a 1 Tb de almacenamento en OneDrive.
Moi semellante é o HP
Stream 13, que ten como única diferencia técnica que a súa pantalla medra
até as 13,3 polgadas, de aà que o seu prezo sexa de 229,99 dólares.
Os novos tablets de HP tamén teñen uns prezos moi axustados, e o HP
Stream 7, venderase só a 99,99 dólares, incluÃndo Windows 8.1 e un ano de
Office 365, polo que pode considerarse un xeito moi económico de levar o
traballo a todas partes. Para os que queiran un produto cun tamaño un pouco
superior tamén estarÃa o HP
Stream 8, que cun prezo de 149,99 dólares non só ofrece un tamaño maior que
o HP Stream 7, senón que tamén ofrece 200 Mb de banda larga móbil 4G ao mes nos
EE.UU. (supostamente de por vida) polo que resultarÃa moi atractivo para
usuarios que se movan moito e queiran poder dispoñer de acceso á Rede incluso
cando están lonxe de conexións Wi-Fi, e sen ter que realizar contratos de
telefonÃa móbil adicionais. Este produtos claramente supoñen unha excelente
alternativa para tablets con Android para usuarios profesionais, pois non
podemos esquecer que, de conectalos a un rato e un teclado, funcionarÃan como
un ordenador completo.
ACTUALIZACIÓN: HP
anunciou os prezos que estes novos equipos terán finalmente en España, de
xeito que en novembro poderÃamos atopar o HP Stream 11 a un prezo de 229 euros
na súa versión básica, 299 euros na súa versión con pantalla táctil e 349 euros
engadindo tamén banda larga móbil con HP DataPass. O HP Stream 13 pola súa
banda venderÃase en decembro a 249 euros no seu modelo Wi-Fi e por 299 euros
con banda larga móbil e HP DataPass.
O tablet HP Stream 7 chegarÃa en decembro a 129 euros, xunto co HP Stream 8,
que venderÃase por 199 euros con banda larga móbil e HP DataPass.
No caso español, o servizo HP DataPass incluirá 200 Mb de datos móbiles ao mes
durante 24 meses sen precisar de contratar ningún servizo con operadores de
telefonÃa (e coa opción de ampliar o servizo con tarifas de baixo custo).