HP prepara portátiles con acabados en madeira

martes, 28 de maio do 2019 Marcus Fernández

Conseguir chamar a atención do consumidor é cada día máis difícil, e o xeito co que HP considerou oportuno dar a nota e conquistar ao público é coa súa nova serie de portátiles HP ENVY Wood, que como signo diferenciador e innovador no uso de materiais fai uso de madeira real en parte do seu exterior conseguindo unha aparencia realmente distinta a todo o que vimos até o momento.
Os equipos da familia HP ENVY Wood contarán cunha lamia de madeira auténtica en 3 combinacións posibles: negro con nogueira natural, branco de cerámica con bidueiro branco ou prata natural con bidueiro pálido. Estes equipos tamén incluirán control mediante Alexa, acendido mediante voz ou pegada dixital e a posibilidade de agochar a súa webcam (para temerosos de que invadan a súa intimidade).
Estes novos equipos chegarán ao mercado no outono, desvelándose o seu prezo cando se achegue a súa posta á venda.

PUBLICIDADE