HP presenta os seus disco duros externos para copias de seguridade
martes, 28 de xullo do 2009
Pensando en facer
máis doada a vida aos usuarios de equipos informáticos, dende HP lanzan a solución
SimpleSave Portable, que é unha familia de discos duros externos
desenvolvidos en colaboración con Western Digital, que toman a alimentación
directamente do porto USB do ordenador, e que funcionan en combinación cunha
aplicación informática para Windows que fai copias de seguridade dos nosos
documentos dun xeito tan doado coma conectar o disco duro ao ordenador. A
interacción do usuario limitarÃase á aceptación da licenza de uso do programa.
O software incluÃdo no disco duro non precisa instalación, e por defecto fai
copia dos cartafoles para datos máis habituais, asà como dos arquivos de
Outlook e outros datos agochados en cartafoles habitualmente descoñecidos para
os usuarios básicos.
O prezo que terán estes discos duros nos EE.UU. será de 120 e 150 dólares nas
versións portátiles de 320 e 500 Gb, aÃnda que tamén existirá unha versión
externa baseada en discos duros de 3,5 polgadas (ou sexa, que precisan
alimentación adicional) que custarán 150 e 330 dólares para tamaños de 1 e 2
Tb.