HP presenta un novo equipo portátil orientado ás aulas
xoves, 1 de decembro do 2016
Introducir a informática no sector educativo é un importante
reto, e mentres nuns centros optaban por portátiles compactos e económicos para
os cativos, outros percorrÃan unha senda máis innovadora empregando tabletas,
pero é posible tomar a vÃa do medio, e asà temo como HP anuncia un novo equipo
asumible, resistente e funcional para as aulas, o HP
ProBook x360 11 Education Edition, que funciona con Windows 10 tirando
proveito da tecnoloxÃa de Windows Ink, para o que conta cunha pantalla táctil
que pode abaterse totalmente, de xeito que pode funcionar como portátil
estándar ou como tableta que responde tanto ao dedo como a un lapis
dixitalizador (resultando este último elemento chave para trasladar procesos
propios do papel).
Este equipo tamén conta cun sistema de cámara Full HD dual (de xeito que non só
teñen webcam, senón que tamén poden empregar o equipo para gravar vÃdeo en modo
tableta).
Queda agora por ver as condicións nas que HP achegará este equipo a contornos
educativos, especialmente o que se refire a prazos e prezos, que son elementos
chave para o éxito de produtos desta categorÃa.