HP presenta un novo portátil que pode facer fronte ao MacBook actual

luns, 16 de maio do 2016 Marcus Fernández

HP continúa a ampliar o seu catálogo de ordenadores portátiles, e tras o éxito dos EliteBook 1020, que chegaron como unha magnífica alternativa ao MacBook Air de Apple, amosan o que será o EliteBook 1030, un portátil con pantalla Full HD de 13,3 polgadas (con opción QHD+ táctil), procesador Intel Core M de sexta xeración (até un m7), até 16 GB de RAM, até 512 GB de SSD, altofalantes Bang & Oulfsen, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, lector de pegadas dixitais e 2 portos USB-C, que destaca polo seu deseño sen ventilador e por unha autonomía de até 13 horas e 15 minutos (no modelo con pantalla Full HD, quedando en só até 9 horas na versión con pantalla QHD+), de xeito que estamos ante un equipo ideal para o seu uso en mobilidade.
Este equipo con coidado deseño aínda non sabemos cando chegará ao noso mercado, pero polo momento xa anticipan que o seu prezo base nos EE.UU. será de 1.249 dólares (1.103 euros), polo que pode considerarse como unha alternativa ao MacBook, a un prezo bastante inferior e cunha pantalla dun tamaño lixeiramente superior.

O EliteBook 1030 diferénciase principalmente do MacBook por ter unha pantalla un chisco maior e optar por non limitarse a un único porto USB-C

PUBLICIDADE