HP venderá un portátil inspirado en Star Wars
mércores, 7 de outubro do 2015
Entre
as moitas novidades de HP desveladas durante o dÃa de hoxe sorprendeu
especialmente unha edición especial dun ordenador
portátil de HP que chega co gallo do filme Star
Wars: El Despertar de la Fuerza e, de feito, HP serÃa o único
fabricante en colaborar con Disney e Lucasfilm para crear un produto deste
tipo, o que permÃtelles poder ter en exclusiva fondos de escritorio, salvapantallas
e sons de sistema personalizados que serán a envexa de todo seareiro da saga
creada por George Lucas.
O Star Wars Special Edition Notebook conta cun deseño exterior inspirado no
Imperio Galáctico, que nos deixa ver ao clásico Darth Vader no deseño exterior da
súa tapa e a un par de Stormtroopers e a Estrela da Morte na superficie baixo o
seu teclado, xunto con moitos outros detalles que resultarán sumamente
familiares para calquera coñecedor de Star
Wars (como un touchpad inspirado no sistema de guiado dun caza X-Wing), de
xeito que a personalización relativa ao novo filme limitarÃase aos numerosos
contidos pre-cargados dentro do ordenador (cómics dixitais, tráilers, vÃdeos,
máis dun milleiro de fotografÃas da historia de Star Wars...). Como curiosidade inclúe unha tipografÃa Aurebesh
(para poder escribir na linguaxe
galáctica) e poderase substituÃr a icona da papeleira de reciclaxe pola
Estrela da Morte.
Este equipo vén cunha pantalla Full HD de 15,6 polgadas (con opción táctil),
procesador Intel Core i5/i7, até 12 GB de RAM, até 2 TB de disco duro, gráfica
Intel HD 520 ou nVIDIA GeForce 940M, altofalantes duais B&O Play e unha
autonomÃa de até 7 horas. Pode completarse con accesorios como un rato sen fÃos
e unha funda que tamén van a xogo coa estética do equipo.
Este ordenador sairá á venda nos EE.UU. o 8 de novembro a un prezo que parte
dos 699,99 dólares, custando 39,99 dólares tanto o rato sen fÃos como a funda,
descoñecéndose polo momento se poderemos velo en España (o que parece probable
se nos fixamos no feito de que a
nota de prensa oficial de HP remitiuse dende Barcelona).
VÃdeo promocional do Star Wars Special Edition Notebook