HTC Incredible sairá nos EE.UU. a finais de mes

venres, 16 de abril do 2010 Marcus Fernández

Pese a que os terminais de HTC con sistema operativo Android actuais aínda non chegasen a todos os mercados internacionais, a compañía continúa a lanzar novos modelos, e nos EE.UU. anuncian o HTC Incredible baixo o nome DROID Incredible, e que porán á venda o vindeiro día 29.
Estamos ante un móbil con pantalla multi-táctil de 3,7 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon a 1 GHz, interface HTC Sense, 512 Mbytes de Ram e de ROM, lector de tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi, GPS, trackpad óptico, e toda unha chea de prestacións que non destacan con respecto aos seus predecesores agás pola súa cámara de 8 Mpíxeles con dobre flash LED e, principalmente, por incorporar 8 Gb de memoria interna.

PUBLICIDADE