HTC presenta os seus novos móbiles con Windows Phone 7 Mango
venres, 2 de setembro do 2011
A nova versión de
Windows Phone 7 chamada Mango está a piques de chegar a mercado, polo que os
fabricantes que a arrouparán comezan a amosar os terminais que a incorporarán
de fábrica, e no caso de HTC parece que teñen unha cousa en común: grandes
pantallas. O fabricante taiwanés presentou 2 terminais que funcionarán con novo
sistema operativo móbil de Microsoft que son os
modelos Radar e Titan.
O HTC Radar é un terminal bastante tradicional dentro dos smartphones, cunha pantalla de 3,8 polgadas, procesador Qualcomm
Snapdragon a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de memoria interna, cámaras de 5
MpÃxeles (con gravación de vÃdeo a 720p) e VGA, GPS, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, HSPA
ata a 14 Mbps e baterÃa de 1.520 mAh, que pretende
estar dispoñible en outubro a un prezo de 439 euros (libre).
Pola contra, o HTC Titan é un móbil moi diferente, que destaca polo seu tamaño,
xa que conta cunha pantalla SLCD de 4,7 polgadas (aÃnda que consegue manter o
seu grosor en só 9,9 milÃmetros, e o peso queda nuns razoables 160 gramos), procesador
Qualcomm a 1,5 GHz, 512 Mb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8
e 1,3 MpÃxeles, GPS, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, HSPA de ata 14 Mbps e baterÃa de
1.600 mAh, que deberÃa
de chegar ao mercado en outubro a un prezo de 649 euros (libre).