HTC sorprende cun accesorio para falar por teléfono con smartphones de grande tamaño

luns, 28 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

O incremento esaxerado do tamaño dos smartphones está a provocar consecuencias realmente sorprendentes, como o feito de que o enorme HTC Butterfly, móbil con pantalla Full HD de 5 polgadas que posiblemente chegue ao noso mercado nunha variante chamada HTC DLX, poida adquirirse en China xunto cun accesorio chamado HTC Mini, que consiste nun dispositivo semellante a un teléfono sen fíos doméstico, que comunícase co smartphone a través de NFC e Bluetooth, e que facilitaría a realización de chamadas e a consulta de mensaxes de texto, ou sexa, para facer as funcións de teléfono dun xeito máis cómodo que cun dispositivo de grande tamaño. Tamén pode empregarse como mando a distancia do smartphone, para funcións de control multimedia e pode chamar ao móbil co que está sincronizado para facilitar a súa localización mediante unha alerta sonora.


Vídeo promocional do HTC Mini

PUBLICIDADE