Hades chega a consolas Xbox e PlayStation
venres, 13 de agosto do 2021
O
reputado xogo Hades,
con numerosos recoñecementos nas súas versións para PC e para
Nintendo Switch, dá un importante salto no ámbito das consolas de
videoxogos, estreando versión
para Xbox One e Xbox Series X|S (que destacan por estar incluÃdas no Xbox
Game Pass xunto coa versión de PC, o que atraerá a moitos xogadores) e para PlayStation 4 e
PlayStation 5. AÃnda que estamos ante un tÃtulo moi orientado ao mercado
dixital, tamén é posible atopalo en formato fÃsico nas súas versións de consola.
Hades é un xogo roguelike de exploración de alxubes que combina
acción rápida con coidado na súa narrativa, profundidade e atmosfera, cativando
ao xogador nunha aventura na que hai que procurar fuxir do inframundo enfrontándose
a numerosos desafÃos e facendo uso de habilidades potenciadas polas bendicións
dos deuses do Olimpo.
Ao estarmos ante un roguelike, cada partida é diferente, de xeito que o
tÃtulo pode xogarse moitas veces, polo que a loita de Zagreus, inmortal
PrÃncipe do Inframundo, será moi intensa e divertida, na que poderemos elixir
diferentes niveis de dificultade para que poidamos gozar da experiencia como un
reto ou como unha historia.
Trailer da versión para Xbox e PlayStation de Hades