Half-Life estréase silenciosamente en OS X e Linux

luns, 28 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Un dos xogos máis representativos do catálogo de Valve é, sen dúbida, Half-Life, título de acción en primeira persoa que en 1998 conseguiu sen nomeado como xogo do ano por máis de 50 publicacións, e que permítenos tomar o papel do Dr. Gordon Freeman, un físico teórico que debe fuxir dunha instalación subterránea na que realizaban experimentos de teletransportación que saíron desastrosamente mal. O xogo contou cunha secuela, e moitos levan anos agardando a que lancen unha terceira entrega, pero a que está de actualidade é a primeira, pois este xogo que podemos adquirir por 7,99 euros en Steam continúa de actualidade porque, pese a figurar como dispoñible só para Windows, dende os últimos días pode instalarse tamén en equipos con OS X, de xeito que terían unha estrea silenciosa no Mac.
O mesmo comportamento tamén tería lugar na beta de Steam para Linux, ou sexa, que o interese de Valve por reforzar esta plataforma podería ser indicativo de que os rumores de lanzamento dunha plataforma de xogos baseada en Linux (e con hardware específico) parece máis crible a cada día que pasa.

Half-Life é un dos estandartes de Valve no sector dos videoxogos

PUBLICIDADE