Halo 3 chegará a PC a semana que vén

martes, 7 de xullo do 2020 Marcus Fernández

A Halo: The Master Chief Collection continúa a traer novos xogos de Xbox a PC, e tras Halo, Halo: Reach e Halo 2: Anniversary confírmase que o 14 de xullo estrearase a versión para ordenadores persoais de Halo 3, que estará dispoñible tanto a través de Xbox Game Pass como en Steam e na tenda de aplicacións de Windows 10.
Esta conversión é moi agardada xa que pecha a triloxía Halo orixinal, coa loita entre o Covenant, os Flood e os humanos, ofrecendo 11 misións impactantes e 24 mapas multixogador. Amais, os xogadores máis creativos tamén poderán entrar no modo Forxa actualizado e ampliado para crear mapas multixogador ao seu gusto.

PUBLICIDADE