Halo 4 supera os 300 millóns de dólares no seu lanzamento

luns, 12 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Un dos principais atractivos da plataforma de xogos Xbox 360 é a saga de Halo, e despois de que os estudos Bungie deixaran o seu desenvolvemento pasándolle o relevo a 343 Industries temos que Halo 4 está a ter unha moi boa acollida, ata o punto de eclipsar a calquera estrea cinematográfica en recadación durante o seu lanzamento, estimándose que superou os 300 millóns de dólares a nivel mundial (superando os 3.380 millóns de dólares na historia da franquía) e os 220 millóns de dólares en EE.UU.
Teriamos así que o lanzamento de Halo 4 nos EE.UU. superaría á recadación do derradeiro filme de Harry Potter ou á película de Los Vengadores, superando os 4 millóns de xogadores nos seus primeiros cinco días, nos que se gastaron 31,4 millóns de horas no xogo (dende Microsoft estiman que os usuarios xa pasaron máis de 5.000 millóns de horas xogando a saga Halo na súa historia).
No territorio europeo o xogo tamén parece estar a ter unha boa acollida, e no Reino Unido, pese a non superar os bos datos de Halo 3 e Halo Reach, conseguiu facerse coa 18ª posición nas estreas máis fortes da historia, liderando claramente as vendas durante a última semana, conseguindo superar a Assassin’s Creed III, FIFA 13 e Need For Speed: Most Wanted.


Trailer de lanzamenot (alternativo) de Halo 4

PUBLICIDADE