Halo 4 terá unha edición especial moi completa

mércores, 16 de maio do 2012 Marcus Fernández

A franquía estrela da Xbox 360 vai volver en forma dunha nova triloxía que botará a andar o vindeiro 6 de novembro, data na que chegará ás tendas Halo 4, xogo que pasará do popular estudo Bungie a ser desenvolvido por 343 Industries, continuando a historia do Xefe Mestre, que regresará para enfrontarse aos seu destino e a un antigo mal que ameaza o universo enteiro. Promete unha campaña máis épica que as anteriores e con máis elementos de exploración, así como un modo multi-xogador revolucionario.
Confiando nos xogadores incondicionais que van reservar o xogo antes do seu lanzamento, adiantan que vai contar cunha edición limitada de auténtico luxo, que nos EE.UU. custará 99,99 dólares, e que incluirá o acceso a 9 mapas descargables que están programados para despois da saída do xogo, acceso anticipado a 6 especializacións (que permitirá personalizar os personaxes e desbloquear novas opcións), peles para a armadura do Spartan-IV e o rifle de asalto, o UNSC Infinity Briefing Packet, accesorios para o avatar de Xbox LIVE e unha versión estendida de 90 minutos da serie de acción real Forward Unto Dawn, que estrearase en liña en outubro.


Novo vídeo no que presentan a portada oficial do xogo

PUBLICIDADE