Halo Infinite contará con pantalla partida para 2 xogadores

luns, 27 de xullo do 2020 Marcus Fernández

O xogo que Microsoft quixo empregar durante o Xbox Game Showcase como estandarte das súas vindeiras producións foi Halo Infinite, que busca converterse no grande exemplo do que será capaz a vindeira xeración de consolas de videoxogos, e que, se deixamos de lado as súas posibilidades gráficas e o grande tamaño que poderán ter os seus mapas, tería interesantes detalles relativos aos seus modos multixogador.
Nos últimos días xurdiron comentarios sobre os da pantalla partida durante o multixogador, algo que cada é menos frecuente, pero que agradecen moitísimos usuarios, e finalmente detallan que aínda que será posible xogar campañas cooperaitvos en liña de até 4 xogadores, a funcionalidade de pantalla partida estaría limitada a 2 xogadores en local, ou sexa, que facilitarase a posibilidade de que dous usuarios xoguen ao mesmo tempo dende a mesma consola, o que para moitos é un grande incentivo, xa que fomenta a socialización en persoa que cada vez é menos frecuente nos videoxogos e tende a quedar relegada a títulos de corte familiar.
Halo Infinite será unha das entregas de Halo con máis cambios, tanto a nivel técnico como xogable, en boa medida polo seu crecemento en escala, o que transforma o xeito de xogar. Aseguran que o escenario no que transcorrerá Halo Infinite será varias veces maior que os contornos dos dous últimos Halo xuntos.

Demostración de 8 minutos de Halo Infinite

PUBLICIDADE