Halo: The Master Chief Collection chegará a PC

mércores, 13 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Como anticipo de Halo 5 Microsoft puxo á venda Halo: The Master Chief Collection, recompilación que incluía os xogos Halo: Combat Evolved Anniversry, Halo 2: Anniversary, Halo 3, Halo 3: ODST e Halo 4, e que agora vai renovarse dun xeito abraiante, xa que, aparte de incorporar o xogo Halo Reach, xa non será un produto exclusivo de Xbox One, chegando a PC tanto a través da Microsoft Store como de Steam.
Até o momento en Steam só había xogos menores da franquía de Halo, ou sexa, títulos fóra da saga principal, como Halo Wars, Halo: Spartan Assault e Halo: Spartan Strike, e coa chegada dos 4 xogos iniciais e un par de spin-offs temos o que podemos considerar a apertura dunha saga icónica a ordenadores persoais, facilitando que chegue a usuarios que non son partidarios das consolas Xbox.
A chegada destes xogos a PC non é un proceso tan directo como podería pensarse, xa que supón a súa adaptación para o uso de teclado e rato como método de control, así como ofrecer a posibilidade de gozar de gráficos até 4K con HDR.

Vídeo no que se anuncia a chegada a PC de Halo: The Master Chief Collection

PUBLICIDADE