Halo Wars 2 sae á venda dentro do programa Xbox Play Anywhere
martes, 21 de febreiro do 2017
A espera para os amantes dos xogos de estratexia en tempo
real rematou, e por fin saÃu á venda o agardado Halo Wars 2, xogo que podemos adquirir
en consola para Xbox One, e que tamén está dispoñible
na tenda de Windows 10 dentro do programa Xbox Play Anywhere, ou sexa, que
os xogadores que merquen este tÃtulo en dixital poderán xogar indistintamente
ao mesmo en PC ou consola sen custo adicional e podendo incluso compartir
progresos entre ambas plataformas.
Este retorno ao universo de Halo permite controlar a Spartan, Warthog e outras
forzas clásicas da franquÃa nunha guerra brutal contra un novo inimigo nun
inmenso campo de batalla, para o que cóntase unha historia chea de acción
ambientada despois do acontecido en Halo
5, e na que visÃtase un escenario moi familiar: a Arca.
Os xogadores controlarán estratexicamente tanto tropas como potencia de fogo
nas batallas a grande escala contra a grande ameaza á que ten que enfrontarse a
UNSC e toda a humanidade. Haberá que formar exércitos, construÃr bases,
preparar vehÃculos e participar en grandes batallas a través dunha boa
selección de mapas en ambientes alienÃxenas tanto para o modo campaña como para
o multixogador.
Como boa secuela, Halo Wars 2 inclúe
novidades como un novo modo multixogador chamado Blitz, que combina o combate
táctico con estratexia baseada en naipes, o que supón un achegamento a este
tÃtulo moi atractivo que foi moi ben recibido durante a beta do multixogador
que tivo lugar hai poucas semanas.
Tráiler de lanzamento de Halo Wars 2