Halo Wars estrea demo para Xbox 360

xoves, 5 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Dende hoxe os usuarios da Xbox 360 poden descargar a versión de demostración do xogo Halo Wars que chegará ás tendas o vindeiro día 27, e que é unha imporante aposta de Microsoft Game Studios para o que contou con Ensemble Studios, grupo de desenvolvemento responsable da mítica saga Age of Empires e que con este título ambicioso chega ao seu derradeiro traballo.
Este xogo exclusivo para Xbox 360 aproveita a forza da franquía de Halo (que xa deu 3 xogos de acción en primeira persoa e achegará o 4º nos vindeiros meses) para intentar adaptar a mecánica de xogo de estratexia en tempo real aos controis dunha consola de videoxogos (o que sempre é todo un reto, pois este xénero deseñouse pensando no seu uso cun teclado e un rato).
A demo de Halo Wars permite probar as primeiras misións do modo campaña do xogo, resultando ideal para comprobar se paga a pena a adquisición do xogo final cando chegue ás tendas nas súas edicións normal e de coleccionista.


Trailer de Halo Wars

PUBLICIDADE