Hanvon prepara un eReader con tinta electrónica de cor

luns, 8 de novembro do 2010 Marcus Fernández

As páxinas de The New York Times informan dunha interesante novidade por parte do fabricante Hanvon, que esta semana podería presentar nunha feira chinesa un lector de libros electrónicos con Wi-Fi, 3G, e unha pantalla táctil de 9,68 polgadas con tecnoloxía de tinta electrónica de cor, que tería un prezo duns 440 dólares (aínda que non está programada a súa comercialización ata marzo de 2011), e podería entenderse coma un tablet que goza das vantaxes dos eReaders, ou sexa, que podería funcionar baixo a luz do sol, cansaría menos a vista do usuario e tería unha boa autonomía.
De todos os xeitos, as actuais pantallas de papel electrónico de cor teñen bastantes limitacións, estando pensadas para imaxes estáticas ou animacións moi simples, polo que non serían aptas para a reprodución de vídeo.

PUBLICIDADE