Hawk Eye, o helicóptero teledirixido con cámara de vÃdeo integrada
luns, 2 de agosto do 2010
Moitos videoafeccionados
senten envexa ao ver como en moitas producións faise uso de imaxes captadas
dende helicópteros ou guindastres, para o que son precisos uns recursos fóra do
alcance da meirande parte dos consumidores, o que non impide que poidamos facer
unha achega bastante rudimentaria a través dun xoguete que sairá este mes á
venda en grandes cadeas coma Walmart, Target ou Toys ’R’ Us. Trátase dun helicóptero teledirixido chamado Hawk Eye
que Spin Master fabrica baixo a marca Air Hogs e que integra unha cámara de
vÃdeo semellante ás que podemos ver nos teléfonos móbiles, de xeito que permite
a gravación de ata 5 minutos cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles, á vez que tamén
pode tomar fotografÃas a 640 x 480 pÃxeles. As imaxes e os vÃdeos poden
transferirse ao PC a través de USB e o prezo
de venda pretende ser de só 65 dólares, polo que é o suficientemente
axustado como para converterse en todo un supervendas.
De todos os xeitos temos que advertir que estamos a falar dun produto para voar en interiores, pois o helicóptero
non deixa de ser de xoguete, sendo
incapaz de superar a forza do vento. Espérase que este dispositivo dispare a
creatividade dos seus usuarios, de aà que dende Air Hogs organicen un concurso
de vÃdeos tomados co Hawk Eye nos que valorarán a creatividade, a calidade
dos vÃdeos e a habilidade de uso do trebello voador.
Explicación do concurso de vÃdeos gravados co Hawk Eye