Hellblade chega a Xbox One apoiando a unha causa solidaria

xoves, 12 de abril do 2018 Marcus Fernández

O pasado verán Ninja Theory lanzou para PS4 e PC o xogo Hellblade: Senua’s Sacrifice, que non só destacaba polo seus gráficos coidados, senón que sorprendía por un ser unha especie de hack and slash no que a narrativa estaba afectada polo estado mental da súa traumatizada protagonista. Tras estes primeiros meses cunha grande acollida por parte do público e da crítica (conseguindo numerosos recoñecementos), finalmente Hellblade: Senua’s Sacrifice estréase en Xbox One cun prezo promocional de 26,99 euros e un detalle solidario: se durante a primeira semana o xogo supera as 50.000 unidades vendidas doarán 25.000 dólares a Mental Health America, incrementando tal cantidade até os 50.000 dólares se superan as 100.000 unidades.
A nova versión do xogo é compatible con HDR en Xbox One e tamén inclúe melloras para Xbox One X, podendo elixir os usuarios entre 3 modos mellorados diferentes: efectos visuais enriquecidos, alta taxa de fotogramas (60 cadros por segundo) e alta resolución (4K).

O xogo é o máis parecido a unha superprodución que podemos atopar dun estudio independente

PUBLICIDADE