Hitman: Absolution premiará as reservas cun xogo de francotirador

venres, 11 de maio do 2012 Marcus Fernández

Square Enix anunciou que o xogo Hitman: Absolution chegará ao mercado o 20 de novembro para PC, Xbox 360 e PlayStation 3, pero os usuarios máis fieis á franquía que opten pola reserva do xogo en certos establecementos (en EE.UU. será GameStop a cadea que contará con tal promoción)poderán acceder dende o 15 de maio a Hitman: Sniper Challenge (a versión para PC non estará dispoñible en Steam ata o 1 de agosto), unha experiencia de francotirador na que tomarase o papel do Axente 47 para cumprir cunha misión na que haberá que subirse a unhas azoteas para eliminar a distancia ao director xeral de Stallion Armaments e ao seu equipo de seguridade.
Os logros acadados neste xogo independente poderán compartirse en liña, de xeito que antes do lanzamento do xogo final será posible competir con outros xogadores, o que supón un bo incentivo por parte do estudo IO Interactive, que premia así as reservas de Hitman: Absolution.


Trailer de lanzamento de Hitman: Sniper Challenge

PUBLICIDADE