Hogwarts Legacy non chegará a Switch até novembro

venres, 12 de maio do 2023 Marcus Fernández

O xogo Hogwarts Legacy está a ter unha recepción moi boa, xerando máis de mil millóns de dólares coas súas versións para PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5 (das que vendeu máis de 15 millóns de unidades) e confiando en que a situación mellore aínda máis agora que o xogo tamén está dispoñible para PlayStation 4 e Xbox One, pero agora hai moitos xogadores decepcionados porque a versión para Nintendo Switch, prevista para o mes de xullo, anunciou o seu adiamento até o 14 de novembro.
Preto de catro meses de adiamento é un tempo bastante elevado, especialmente porque anteriormente estaba previsto para o mes de abril, e mete o xogo en plena campaña de Nadal, cando xa pode estar esgotado o fenómeno, pero os responsables do título aseguran que queren crear a mellor experiencia posible en Switch, e prefiren retrasar o lanzamento a ofrecer un produto deficiente, pois non podemos esquecer que na consola de Nintendo espérase que os xogos sexan totalmente funcionais de lanzamento, e non hai a tolerancia a erros da que gozan actualmente os xogos de PC e os de consolas domésticas.

PUBLICIDADE