Horizon Zero Dawn terá versión completa en decembro

xoves, 5 de outubro do 2017 Marcus Fernández

No verán anunciaron que o xogo Horizon Zero Dawn, un dos grandes éxitos do ano (que estes días pode mercarse a un prezo rebaixado, como outros títulos exclusivos de PS4), completaría a súa historia o 7 de novembro cunha expansión titulada The Frozen Wilds, na que Aloy terá que explorar unha nova área e descubrir novos misterios, e dado que hai xogadores que aínda non se fixeron con título orixinal, agora dan conta de que o 6 de decembro chegará ás tendas Horizon Zero Dawn Complete Edition a un prezo de 49,99 euros e que incluirá tanto ao xogo como a súa expansión.
Esta nova edición de Horizon Zero Dawn tamén incluirá todo o contido dixital da Deluxe Edition, que consiste nun libro de ilustracións dixital, un tema de PS4 e unha chea de contidos dixitais máis que consisten en elementos para o xogo como vestimentas e armas.

PUBLICIDADE