Huawei Mate40 Pro terá magnÃficas cámaras que non compensan a ausencia dos servizos de Google
xoves, 22 de outubro do 2020
O veto
estadounidense a Huawei continúa a eclipsar ao fabricante chinés, que nas
últimas horas presentou un dos seus novos móbiles insignia e, ao carecer o mesmo
dos servizos de Google, está a pasar bastante desapercibido cando, noutro
contexto, poderÃa chegar a situarse como un dos grandes referentes no sector
dos smartphones durante o que resta de ano.
O Huawei Mate40 Pro
é un smartphones 5G que volve apostar por un apartado fotográfico excelente
desenvolvido grazas á colaboración con Leica, o que desta volta destaca
especialmente polo deseño da súa cámara traseira, á que chama Ultra Vision Cine
Camera, e que dispón os seus obxectivos centro dun anel, reforzando a
identidade deste teléfono que na cámara frontal opta por unha Ultra Vision
Selfie Camera (ou sexa, unha cámara dobre para completar a súa cámara de 13
MpÃxeles cun sensor de profundidade, pese a que iso ten un certo custo estético,
xa que a perforación en pantalla faise moi visible).
A cámara de ultra visión é un sensor de 50 MpÃxeles con apertura f/1.9 que
promete claridade asombrosa; a cámara de cine ultra ancha ten un sensor de 20
MpÃxeles con apertura f/1.8 e estarÃa destinada a rexistrar vÃdeo cun estilo
cinematográfico (contando con 4K e HDR, podendo incluso filmar en cámara ultra
lenta a 720p capturando 3.840 imaxes por segundo); un sensor láser axudarÃa a
enfocar de xeito rápido e preciso; e a cámara de teleobxectivo de 12 MpÃxeles
con estabilización óptica achegará un zoom hÃbrido de 10x e un zoom dixital de
50x.
Este novo teléfono funciona cun procesador Kirin 9000 5G fabricado con
tecnoloxÃa de 5nm e, seguindo as tendencias actuais dos fabricantes chineses,
tamén integra tecnoloxÃas de carga rápida bastante impresionantes, podendo
cargar por cable a 66 watts e sen fÃos a 50 watts a súa baterÃa de 4.400 mAh.
Como sistema de identificación dos usuarios tira proveito dun lector de impresións
dixitais integrado en pantalla e dun sistema de desbloqueo facial en 3D. Tamén
estrea un sistema de control intelixente de xestos, caracterÃstica incluÃda por
outros fabricantes no pasado, para ser abandonada ante a falta de uso por parte
dos usuarios.
O Huawei Mate40 Pro ten unha grande pantalla (6,76 polgadas) con bordes curvos,
panel OLED, resolución Full HD+ e unha velocidade de refresco de 90 Hz; conta con
protección IP68 ante po e auga; e presume de conexións moi rápidas grazas ao
uso da 5G e de Wi-Fi 6.
O Huawei Mate40 Pro chegará ás tendas o 9 de novembro a un prezo de 1.199 euros
nunha configuración con 8 Gb de RAM e 256 GB de almacenamento interno, dando a
impresión de que a súa presenza comercial vai ser meramente testemuñal, pois
será difÃcil que haxa moitos consumidores dispostos a pagar cantidades tan
elevadas por un móbil que presenta tantos problemas para o uso do software máis
popular por culpa dun veto polÃtico.
´ VÃdeo do evento de presentación dos Huawei Mate40