Huawei prepara o seu propio móbil con Android

martes, 17 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Huawei non se conforma con ser o fabricante máis importante de modems 3G a nivel mundial, e quere entrar a competir no competitivo mercado dos terminais de telefonía móbil para o terceiro trimestre do presente ano cun smartphone que funcionará co sistema operativo Android e do que amosou un prototipo no Mobile World Congress de Barcelona, existindo unha unanimidade ao definir o dispositivo como unha copia descarada do iPhone de Apple (e mesmo o alcuman uPhone).
Nos últimos meses tamén hai fabricantes de equipos informáticos que deciden probar sorte no sector da telefonía móbil, pero o mercado non parece moi receptivo a novos axentes, pois os consumidores tenden a non fiarse de marcas descoñecidas.

PUBLICIDADE