Huawei presenta un modem 3G totalmente sen fíos

venres, 19 de xuño do 2009 Marcus Fernández

En xullo Huawei achegará a Europa o seu dispositivo E583X, que é un modem 3G/HSDPA que pode operar tanto conectado nun porto USB como a través de Wi-Fi, compartindo a conexión de banda larga móbil con outro equipo, aínda que o máis rechamante do trebello é que incorpora unha batería interna de 1.500 mAh (recargable por USB) de xeito que pode empregarse totalmente sen fíos durante unhas 5 horas.
Parece ser que a primeira versión deste dispositivo só aceptaría unha conexión Wi-Fi, aínda que agárdase que variacións do mesmo admitan ata 5 usuarios compartindo o acceso á Rede.
Este dispositivo que combina prestacións de modem USB con punto de acceso Wi-Fi poderá adquirirse a través de operadores de telefonía móbil, que habitualmente ofertan este tipo de produtos cos seus contratos de banda larga móbil.

O Huawei E583X visto en CommunicAsia 2009

PUBLICIDADE