Huawei venderá un smartphone con pantalla de 4,5 polgadas a un prezo moi axustado
martes, 15 de xaneiro do 2013
AÃnda que durante as últimas semanas dende Huawei
centráronse en amosar que son capaces de producir smartphones de alta gama, non
están a abandonar as súas liñas máis económicas, entre as que poden sorprender
terminais como o Huawei G520, por conseguir conter o seu prezo pese a contar
cunhas prestacións máis que aceptables.
O novo smartphone chinés funciona cun procesador Mediatek Mt6589 de catro
núcleos a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, pantalla IPS de 4,5 polgadas e cámara
traseira de 5 MpÃxeles, que chegará ás tendas chinesas o vindeiro dÃa 21 a un
prezo de só 1.399 iuans (169,18 euros), o que sorprende nun terminal con tal
tamaño de pantalla.