Hub USB con forma de casete

xoves, 4 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os que teñan certo gusto polo retro de seguro que gustarán dun concentrador para 4 portos USB 2.0 que venden na tenda en liña I Want One Of Those, e que ten a aparencia externa dunha cinta de casete, podendo chegar a dar o pego (aínda que hai que advertir que non funciona nos reprodutores de cinta e mesmo podería chegar a danalos).
Este orixinal concentrador mide 9,7 x 6,1 centímetros, inclúe 4 conectores USB e o seu prezo de venda é de 12,99 libras esterlinas (una 16,37 euros).

PUBLICIDADE