Humble Bundle oferta varios xogos de terror

martes, 21 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Sen necesidade de que se achegue o Halloween, durante as vindeiras dúas semanas ofrecerase o Humble Spooky Horror Bundle 2018, dispoñible a través de achegas que decide o usuario e que contribúen a causas solidarias. Este lote humilde permitirá acceder aos terroríficos White Noise 2, Layers of Fear, How to Survive e How to Survive 2, para usuarios que acheguen un mínimo de 1 dólar; cando se pague máis da media (5,69 euros no momento de escribir estas liñas) poderanse desbloquear en Steam os xogos Detention, Yamawari: Night Alone e o célebre BioShock Remastered.
Finalmente, quen pague a partires de 15 dólares poderá desbloquear tamén os xogos Friday the 13th: The Game (conversión da saga cinematográfica Venres 13) e Dead by Daylight.

As estrelas deste lote de xogos xon Friday the 13th: The Game e Dead by Daylight

PUBLICIDADE