Hyper Olympic chega a Nintendo Switch

xoves, 12 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O clásico videoxogo de olimpíadas Hyper Olympic, co que Konami arrasou en salóns recreativos a partires de 1983, sorprendeu chegando hoxe a Nintendo Switch baixo o título de Arcade Archives TRACK & FIELD, e cun prezo de 6,99 euros podemos recuperar este título que integraba os deportes de 100 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, 110 metros valos, lanzamento de martelo e salto de altura, aos que podemos xogar con sinxelas mecánicas de pulsacións rápidas de botóns para conseguir velocidade, e pulsacións prolongadas para seleccionar ángulos de lanzamento ou salto, no que moitos xogadores verán contra todo un risco para a integridade física da súa consola.
Este xogo é un clásico, que deu lugar a toda unha serie con máis dunha ducia de entregas que tenden a incluír no nome o título da primeira secuela de Hyper Olympic, Hyper Sports, co que Konami tamén conseguira moitísimo éxito.

O lanzamento de xavelina é un dos deportes incluídos en Hyper Olympic

Vídeo no que podemos ver o clásico Hyper Olympics en acción

PUBLICIDADE