IKEA pon á venda unha lámpada altofalante optimizada para Spotify

mércores, 23 de marzo do 2022 Marcus Fernández

O catálogo de produtos de electrónica de consumo de IKEA segue a medrar e incorpora agora a curiosa lámpada para exteriores VAPPEBY que integra un altofalante Bluetooth para poder escoitar música no xardín ou na terraza, destacando por integrar a función Spotify Tap, que permite reproducir música sen ter que manipular o smartphone no que corre a aplicación musical, simplemente con premer un botón do altofalante, que tamén pode empregase para mudar a canción que se está a escoitar.
Estamos ante un altofalante de 360 graos, ou sexa, que a música escóitase con calidade e nitidez ao seu redor, mentres desprende unha luz agradable coa que pode decorar unha mesa ou iluminar un espazo ao aire libre. Tamén ten unha asa que facilita o seu traslado, ten resistencia á auga (IP65) e integra unha batería recargable que pode cargarse mediante USB.
Este orixinal produto está xa á venda a un prezo de 59 euros.

O botón de acendido da lámpada serve tamén para facer uso da función Spotify Tap

PUBLICIDADE