INQ presenta 2 móbiles con forte integración con Facebook

xoves, 10 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os rumores sobre que Facebook estaba a preparar un móbil de seu quedaron finamente na presentación dun par de terminais de INQ con Android e unha alta integración coa plataforma creada por Mark Zuckerberg, que finalmente foron presentados oficialmente.
O INQ Touch chega cunha pantalla capacitiva de 3,5 polgadas cunha cámara de 5 Mpíxeles, mentres que o INQ Cloud Q ten unha pantalla de 2,6 polgadas, cámara de 3 Mpíxeles e un teclado QWERTY baixo a súa pantalla.
O INQ Cloud Touch funciona cun procesador Qualcomm 7227 a 600 MHz e ten 512 Mb de RAM, polo que non estariamos ante un terminal que vaia destacar polas súas prestacións, agás polo feito de que a través do Facebook Social Graph integra os movemento en Facebook na pantalla de inicio do trebello. Espérase que saia á venda no Reino Unido en abril, saíndo o Coud Q no terceiro trimestre do ano.
Haberá que agardar ao Mobile World Congress de Barcelona para ver se estes dispositivos pagan a pena ou a atención que recae sobre os mesmos foi desproporcionada (por seren inxustificadamente considerados coma os móbiles de Facebook).

O INQ Cloud Touch sería o primeiro móbil de Facebook en chegar ao mercado

PUBLICIDADE