INSTEON anuncia unha lámpada LED controlable remotamente
xoves, 21 de xuño do 2012
O fabricante de solucións domóticas INSTEON anunciou esta
semana unha lámpada LED de 8 vatios, capaz de iluminar cunha intensidade
semellante á dunha lámpada incandescente de 60 vatios, que presume de ser a primeira no mercado en ser
controlable remotamente por rede, o que permitirÃa non só controlar o seu
acendido e apagado mediante un mando a distancia, senón incluso dende un smartphone ou tablet con Android ou iOS.
O prezo
deste tipo de lámpadas é de 29,99 dólares e polo momento só aceptan pedidos
en cantidades limitadas para EE.UU., para poder atender á elevada demanda dun
produto innovador que non só aforra enerxÃa, senón que está aberto a múltiples
posibilidades, como programar distintas configuracións de iluminación (xa que
poderÃan definirse os tempos de acendido das lámpadas cunha iluminación
progresiva ou distintos niveis de intensidade).
Podemos ver o funcionamento básico destas novas lámpadas no seguinte vÃdeo: