Ice Age estrea xogo para Windows Phone 8

mércores, 24 de abril do 2013 Marcus Fernández

Tras o éxito en varias plataformas de xogos como o dos Pitufos, que aproveitan as mecánicas tipo FarmVille e mestúranas con franquías recoñecidas dirixidas a un público infantil, chega a Windows Phone 8 o tíutlo Ice Age Village, xogo oficial das películas de Ice Age que facilita a creación dunha aldea para os animais refuxiados, podendo subir de nivel e desbloquear elementos, así como superar divertidas misións e retos diarios, aproveitando a plataforma Xbox LIVE e mesmo Facebook para provocar certa viralidade a este xogo que facilita tanto a cooperación coma o enfrontamento cos nosos amigos.
En Ice Age Village podemos enviar e recibir invitacións de xogo, enviar e recibir mensaxes de texto e comunicarnos a través do chat de voz, funcionalidades que cómpre destacar que non están sometidas a control paterno (o que debe terse en conta que vai ser un cativo o que goce do xogo).
Como vén a ser habitual neste tipo de títulos, a súa descarga é de balde (outra cousa é que sexa posible adquirir elementos de pagamento dentro da aplicación) e atópase perfectamente localizado ao español. Este título xa estaba dispoñible para iOS e Android.

O xogo traslada a mecánica de FarmVille ao mundo de Ice Age

PUBLICIDADE