Ikea venderá altofalantes Wi-Fi con forma de cadro

martes, 15 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Da colaboración entre IKEA e Sonos incorpórase á familia Symfonisk un novo altofalante Wi-Fi con forma de marco fotográfico ou cadro para pendurar na parede, de xeito que podemos combinar pezas de arte con son que inunde a habitación dun xeito elegante.
Este altofalante con forma de marco é un xeito de dotar de son sen fíos unha estancia sen ocupar espazo e dotándoa dunha estética coidada. O altofalante funciona coa tecnoloxía de Sonos, de xeito que poden conectarse a todo un ecosistema de altofalantes controlable dende equipos informáticos e dispositivos móbiles sen maiores complicacións.
Este novo dispositivo sairá á venda en Europa o 15 de xullo, prevéndose que o seu prezo sexa de 199 euros por marco-altofalante, ao que podemos colocarlle diferentes fundas con deseños artísticos que venderanse a 16 euros cada unha (facilitando así o cambio do cadro se aburrimos dun deseño en concreto).

Os deseños que locen os altofalantes poden mudarse con fundas intercambiables
Os novos altofalantes buscan encaixar coa decoración do fogar como pezas de arte
Colocando o marco sobre unha superficie pode resultar máis doado ocultar o seu cable de alimentación

PUBLICIDADE