Infinity Blade é o xogo máis rendible na historia de Epic Games
mércores, 27 de xuño do 2012
O director xeral de Epic Games, Tim Sweeney, participou hoxe
no GDC de Taipei cun relatorio no que constatou
que o seu xogo para iOS Infinity Blade
era “o xogo máis rendible que fixemos
nunca”, matizando que se refire á
relación entre investimento e beneficios (non aos ingresos totais) pois
esta franquía móbil superou os 30 millóns de dólares en vendas o pasado
xaneiro, mentres que Infinity Blade II conseguiu
xerar máis de 5 millóns de dólares no seu primeiro mes na App Store.
Con estas declaracións Sweeney pretende defender que o actual modelo de negocio
dos videoxogos, nos que as grandes producións custan uns 100 millóns de
dólares, non é sustentable a longo prazo, considerando que o futuro do sector
está no modelo freemium.
Tamén destacou que a súa compañía aposta por unha estratexia de “Unreal Everywhere”, ou sexa, que optan
por empregar o mesmo motor para os seus títulos de xeito que non teñen que
refacelos para desenvolvelos para distintas plataformas, o que permítelles ter
presenza en practicamente todas as plataformas de xogos actuais.
- Infinity Blade resultou un investimento moi eficiente para Epic Games, pese a ser un xogo para dispositivos móbiles