Injustice: Gods Among Us</Em> recibirá a Lobo e Batgirl como personaxes descargables

luns, 6 de maio do 2013 Marcus Fernández

O xogo de loita Injustice: Gods Among Us está a ter unha aceptación bastante boa, pero os contidos descargables que o enriquecerán prometen melloralo considerablemente, pois van incorporar personaxes do Universo DC que agradan aos seareiros da banda deseñada e prometen ter unha boa translación ao xogo, dos que xa se coñecen dous.
O primeiro personaxes en desvelarse foi Lobo, un cazador de recompensas intergaláctico coñecido pola súa violencia e malos xeitos, que son vistos polos lectores con bastante humor como demostra o seu trailer de presentación e que estará dispoñible para a súa descarga a partir de mañá mesmo. Dá a impresión de que o Derradeiro Czarniano controlarase na liña de personaxes de Mortal Kombat como Scorpion (que rumoréase que tamén podería aparecer no xogo), xa que realizará ataques a distancia co seu gancho suxeito a unha cadea.
Pero o segundo personaxe el darse a coñecer tampouco queda curto, pois non é outro que Batgirl, con Barbara Gordon debaixo da máscara (personaxe que deixou tal papel entre 1988 e 2011, por estar nunha cadeira de rodas tras recibir un disparo do Joker). Nos vindeiros días amosarán a este personaxe en acción, existindo este lapso de tempo entre a confirmación do personaxe e o seu vídeo promocional polo feito de que unha filtración estragou a sorpresa deste anuncio.
Outro personaxe que posiblemente vexa a luz en Injustice rumoréase que podería ser o xeneral Zod, en boa medida porque será o inimigo de Superman na película que se estreará este verán.


Trailer de presentación de Lobo como personaxe descargable para Injustice: Gods Among Us

Lobo empregará o seu gancho como ataque a longa distancia

ACTUALIZACIÓN (9-5-2013): Velaquí temos o vídeo de presentación de Batgirl:

PUBLICIDADE