Instalado no Salón Teatro de Santiago un sistema de cámaras para a realización en directo
luns, 28 de decembro do 2020
A
Xunta
(ConsellerÃa
de Cultura)
instalou un sistema pioneiro para a emisión en directo dos
espectáculos no Salón Teatro de Santiago, sede
central do Centro Dramático Galego.
Isto permitirá gravar os espectáculos e emitir os mesmos vÃa
streaming.
Desta forma, a compañÃa pública avanza na transformación dixital,
facilitando o acceso e a internacionalización dos procesos
creativos.
No
Salón Teatro de Santiago instaláronse 4 cámaras con calidade 4K.
Dúas son fixas e as outras dúas, monitorizadas. Tamén se
solucionaron os problemas de conectividade do edificio, que está
situado no casco histórico da cidade.
O
máis novidoso da iniciativa é que as imaxes poderanse captar dende
varios puntos de vista e con diversos planos, ademais de transmitirse
en directo. Este sistema online estrearase o 24 de xaneiro coa
produción O
Charco de Ulises,
dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que contará
cunha interpretación en lingua de signos.
A
sede do Centro Dramático Galego contará asà cunha ferramenta que
favorecerá o contacto co público e o traballo dos creadores. Do
mesmo xeito, garantirá a accesibilidade á programación de todos os
usuarios, xa que as persoas que non poidan acudir de maneira fÃsica
por motivos xeográficos ou falta de tempo, poderán ver as
representacións igualmente. Doutra banda, a iniciativa suporá un
apoio nas fases de creación e produción, pois facilitará ós
equipos de dirección para documentar os procesos artÃsticos,
realizará actividades de medición cultural, experimentará formatos
hÃbridos e espazos internacionais, ademais de buscar unha visión ou
colaboración externa de profesionais que non se poidan desprazar ata
a capital galega.